Unha obra cume cargada de "chapuzas"

    Obras nunha das torres da Catedral de Santiago de Compostela

    A restauración da fachada do Obradoiro destapa os seus erros arquitectónicos

     

    A postal máis universal de Galicia é “resultona”, pero construtivamente “deixa moito que desexar”.

    A Fachada do Obradoiro, considerada a obra cume de Fernando de Casas Novoa, que aparece definida como “fito arquitectónico sen parangón” á menor pesquisa que se faga en Internet, “non é unha obra maestra”. Isto é o que sostén, con argumentos e un aluvión de datos recabados a diario no andamio da torre Norte ou da Carraca, o encargado de curar as súas feridas e arranxar as coxeiras que arrastra a fachada dende a súa construción.

    Javier Alonso de la Peña, arquitecto do Plan Director da Catedral de Santiago, é o ciruxano que estudou as entrañas das torres e realizou os únicos planos que existen do Obradoiro.


    Escribir comentario

    Comentarios: 0
    Cargando buscador