Que é a FCT?

A Formación en Centros de Traballo (FCT) é un módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos.

 

Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional.

 

E indispensable para a obtención do título académico.

 

Os alumnos dos Ciclos de "Proxectos de Edificación" e de "Proxectos de Obra Civil" realizarán as súas prácticas en empresas que poden ser dos seguintes ámbitos:

  • Administración autonómica ou local.
  • Empresas construtoras.
  • Estudos de arquitectura.
  • Oficinas técnicas de urbanismo e/ou topografía.
  • Oficinas técnicas de obra civil.
  • Empresas de control de calidade.
Cargando buscador