Inmoble en César Boente 4 e 6 que sufríu un derrubo parcial do tellado fai tres anos.
Patrimonio aprobou a súa declaración de ruina en 2014. Os propietarios deberán respectar a súa estrutura.
O inmoble que se afundíu na Verdura é a única ruina nova dende o 2012
Oficialmente Pontevedra só ten un novo edificio en ruinas dende fai dous anos e medio. O derrubo do tellado dun dos inmobles da Verdura colleu por sorpresa o pasado xullo a veciños e paseantes, ainda que non houbo que lamentar ningún dano persoal. Este exemplo supón un dos casos máis claros do tipo de construcions que se verá directamente afectado poa futura Lei do Solo. A normativa obrigará aos propietarios de instalacións en estado ruinoso a inscribilas nun rexistro para, nun prazo dun ano, sacalas a poxa hasta dúas veces. De non lograrse comprador, o Concello poderá adquirila polo prezo de licitación da segunda poxa.
Escribir comentario