O consenso entre as forzas políticas sobre a idoneidade das peatonalizacións é unánime.
É unha das bazas electorais do BNG, nembargantes os seus adversarios introducen algúns matices.
Pontevedra recibe mañá en Nova York un novo recoñecemento internacional. Esta vez, a fundación Center for Active Design, creada polo filántropo e exalcalde neoyorquino Michael Bloomberg, recoñece en Pontevedra a unha cidade «que promove hábitos de vida saudables» ao limitar o tráfico urbán e impulsar os desprazamentos a pé como principal medio de transporte. En anteriores ocasións premiouse a Pontevedra como «cidade pensada para as persoas» (premio de Dubai), ou destacouse o Metrominuto, ese plano peonil da cidade que se ideou en Pontevedra e triunfou en Europa (premio Intermodes). Outros foros premiaron a política de peatonalizacións (premio de honor da rede Cidades que Camiñan, que se entregará en outubro) ou a reducción drástica de accidentes de tráfico (premio nacional da DGT).
O tan nomeado «modelo de cidade» levou a Pontevedra a obter recoñecementos que fai uns anos eran impensables. Pero, ¿teñen percorrido? ¿Queda modelo por desenvolver?
Escribir comentario