sáb
12
mar
2016
O inmoble estaba destinado a almacén de sal
O Concello de Pontevedra está a iniciar o procedemento de catalogación do edificio do Alfolí, situado na zona monumental, para incorporalo ao catálogo de edificacións e construcións a conservar.
O inicio do expediente farase a instancias do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que indica que se protexerá o edificio e as construcións anexas a el, "en aras de asegurar a súa conservación e protección".
O edificio do Alfolí estaba destinado a almacén de sal e non era o único que había na cidade. De feito, coñécese que había outros dous máis: un nos actuais terreos da vella fábrica de Pazó e outro na Praza do Peirao.
mar
16
feb
2016
A cuberta engadida en 1986 será substituída por unha similar á que ideou De La Sota
O pavillón municipal de deportes de Pontevedra recuperará ao fin o seu deseño orixinal. Proxectado por Alejandro De La Sota e construído en 1965, o edificio foi sometido en 1986 a unha reforma que esnaquizou a idea do arquitecto pontevedrés ao substituír o lucernario horizontal que deseñara este por unha cuberta de cor branca que deu un aspecto industrial á instalación.
Agora, trinta anos despois daquela polémica reforma, o Concello de Pontevedra acaba de aprobar o proxecto para substituír a cuberta e devolver ao pavillón o deseño de De La Sota. O prezo de licitación ascenderá a 690.000 euros, e onte iniciouse o expediente de contratación.
mar
28
abr
2015
A nave foi construida no ano 1954 e é unha das trece obras arquitectónicas incluidas no Movemento Moderno
A Academia Galega de Belas Artes propuso onte, entre outras iniciativas, que a fábrica da Cross se inclúa no catálogo de bens culturais de Galicia. Esta institución pide á Xunta que tramite a inclusión en dito catálogo dun total de trece obras arquitectónicas do Movemento Moderno, que vai de 1925 a 1965. Actualmente, a fábrica da Cross, construida no 1954, utilizaa Ceferino Nogueira como almacén de cereais e no seu día a súa actividade estivo centrada en fertilizantes e abonos químicos.