jue
04
jun
2015
A nova rotonda en San Mauro, co desvío previsto para conectar
coa subida a Montecelo.
A rolda Este desde O Marco a San Mauro retirará da rede viaria local máis de 3.700 vehículos diarios.
A estrada servirá de alternativa ás rúas dás Pereiras e dás Olivas e a Pedra do Lagarto, de escasa capacidade pero moi utilizadas -As dúas rotondas previstas no seu quilómetro de lonxitude chegan aos 40 metros de diámetro.
dom
10
may
2015
O consenso entre as forzas políticas sobre a idoneidade das peatonalizacións é unánime.
É unha das bazas electorais do BNG, nembargantes os seus adversarios introducen algúns matices.
Pontevedra recibe mañá en Nova York un novo recoñecemento internacional. Esta vez, a fundación Center for Active Design, creada polo filántropo e exalcalde neoyorquino Michael Bloomberg, recoñece en Pontevedra a unha cidade «que promove hábitos de vida saudables» ao limitar o tráfico urbán e impulsar os desprazamentos a pé como principal medio de transporte. En anteriores ocasións premiouse a Pontevedra como «cidade pensada para as persoas» (premio de Dubai), ou destacouse o Metrominuto, ese plano peonil da cidade que se ideou en Pontevedra e triunfou en Europa (premio Intermodes). Outros foros premiaron a política de peatonalizacións (premio de honor da rede Cidades que Camiñan, que se entregará en outubro) ou a reducción drástica de accidentes de tráfico (premio nacional da DGT).
O tan nomeado «modelo de cidade» levou a Pontevedra a obter recoñecementos que fai uns anos eran impensables. Pero, ¿teñen percorrido? ¿Queda modelo por desenvolver?
mar
17
feb
2015
Inmoble en César Boente 4 e 6 que sufríu un derrubo parcial do tellado fai tres anos.
Patrimonio aprobou a súa declaración de ruina en 2014. Os propietarios deberán respectar a súa estrutura.
O inmoble que se afundíu na Verdura é a única ruina nova dende o 2012
Oficialmente Pontevedra só ten un novo edificio en ruinas dende fai dous anos e medio. O derrubo do tellado dun dos inmobles da Verdura colleu por sorpresa o pasado xullo a veciños e paseantes, ainda que non houbo que lamentar ningún dano persoal. Este exemplo supón un dos casos máis claros do tipo de construcions que se verá directamente afectado poa futura Lei do Solo. A normativa obrigará aos propietarios de instalacións en estado ruinoso a inscribilas nun rexistro para, nun prazo dun ano, sacalas a poxa hasta dúas veces. De non lograrse comprador, o Concello poderá adquirila polo prezo de licitación da segunda poxa.