Técnico Superior en
Familia:
Duración dos estudos:
Que se aprende a facer?
En que ámbitos se traballa?
Que ocupacións se desempeñan?
Cales son os módulos deste ciclo?
Edificación e obra civil
2000 horas (Dous cursos)
A competencia xeral deste título consiste en elaborar a documentación técnica de proxectos de edificación, realizar trazas de obra e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións ambientais, de calidade e de seguridade establecidas.
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.
Técnico/a superior proxectista de edificación; técnico/a superior de edificación; técnico/a superior de instalacións; maquetista de construción; axudante de xefe/a de oficina técnica; axudante de planificador/ora; axudante de técnico/a de control de custos; técnico/a de control documental; especialista en implantacións; axudante de procesos de certificación enerxética de edificios; técnico/a de eficiencia enerxética de edificios; delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos, especialista en modelado tridimensional con medios informáticos.
Na seguinte táboa figuran os novos módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, que se comenzarán a impartir no curso 2024/25 (os módulos de 2º curso serán a partir do curso 2025/26).
Como sabes, a outra gran novidade é que a formación será dual, e dicir, a impartición de todos os módulos se compartirá coas empresas. Isto comezará xa desde primeiro curso, de tal xeito que, das 2.000 horas totais do ciclo, entre 500 e 700 horas impartiránse nas empresas.
Horario das clases:
Requisitos de acceso a os Ciclos
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso aos estudos universitarios
Nota de admisión
Créditos e materias recoñecidas
No IES Gonzalo Torrente Ballester, as clases impártense en sesións de 50 minutos. O horario lectivo esténdese entre as 8.30 e as 14.10 horas os martes, mércores e venres, e entre as 8.30 e as 15.00 horas os luns e os xoves. Ademais, os mércores pola tarde en horario de 16.00 a 19.30 horas hai actividade lectiva para os alumnos de Ciclos Formativos. A xornada escolar conta con dous recreos: o primeiro de 10.10 a 10.25 horas e o segundo de 12.05 a 12.30 horas.
Non obstante o anterior, o centro abre as súas portas todos os días ás 8.20 horas e o horario de atención das dependencias administrativas é de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. As instalacións péchanse todos os días á mesma hora na que remata a actividade docente.
Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao superior superando as probas de acceso
que as administracións educativas organizan todos os anos, sempre e cando se dean algunha das seguintes situacións:
Acceso directo a calquera outro ciclo formativo de grao superior e a calquera estudio universitario de grao, incluso arquitectura, enxeñería da edificación, enxeñería en xeomática e topografía, enxeñería civil, enxeñería de camiños, enxeñería agrícola, enxeñería forestal, enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería eléctrica, enxeñería naval, enxeñería aeronáutica e demais titulacións da rama da arquitectura e enxeñería.
As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.
No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.
Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)
As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase específica das probas de acceso á universidade.
Os créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior pódense consultar no seguinte enlace: